O “snake-in-the-grass”, é un dos cócteles con base de xenebra máis exitosos. Entre os seus ingredientes figuran ata tres bebidas alcohólicas, nembargantes, sempre e cando respectemos perfectamente as cantidades, obteremos un agradable sabor que atopa no zume de limón a súa combinación perfecta. O “snake-in-the-grass” é ben sinxelo de preparar: precisamos un vaso mesturador (ou vaso de cristal ancho, no seu defecto) cheo de xeo. Engadimos 1,5 cl. de zume de limón, 1,5 cl. de vermú seco, 1,5 cl. de cointreau e 2,5 cl. de xenebra. Remexemos ben e servimos en copa de cóctel, e decoramos a copa cunha roda de limón.