RELATOS DE TERROR: “GOLPES NA MIÑA FIESTRA”

Unha noite de Tódolos Santos, o vello Manuel regresaba polo torto e estreito camiño á súa casa. Abriu a porta e notou cómo as madeiras ruxían tanto coma os seus anciáns osos. Sentou ó pe da lareira, pensativo, ó tempo que tomaba pequenos grolos de licor café, a maneira máis rápida de entrar en calor naquela época do ano.

De súpeto, uns febles golpes soaron no cristal da fiestra. Ó principio, confundíanse cós rumores do vento, pero despois, fóronse facendo máis fortes pouco a pouco. Alguén, a aquelas horas da noite, estaba chamando, pero Manuel nin se inmutaba. Si acaso, ata se escoitaban lamentos, “Manuel, Manuel… déixame entrar… fai frío aquí,… Manuel…” era un fío de voz de muller. Todas as noites lle pasaba o mesmo dende facía moitos anos. A súa amada Marianela volvía onda el de entre os mortos. A pesar de todo,… cómo lle gustaba lembrala.

Manuel coñecera a Marianela cando tiña 17 anos e ela 25. O seu pai era un prestixioso médico de Santiago de Compostela, pero pasaban longas épocas alí, na aldea, porque a súa nai estaba enferma e aquel clima era máis axeitado para ela. Manuel namorouse de Marianela nada máis vela e, xa dende entón, soubo que sempre faría todo aquilo que ela quixera.

Pero, ó contrario que Manuel, Marianela non era moi prezada no pobo. Non tiña boas relacións cós seus pais e non se comportaba como unha rapaza educada. Cando os dous comezaron as súas relacións, todos no pobo se preocuparon moito por Manuel. Por aí dicíase que Marianela, na cidade, dedicábase a cantar en bares, nos que permanecía ata ben entrada a madrugada, e que xa se lle vira andar con moitos homes.

Aínda así, ó pouco tempo foron vivir xuntos e tiveron un fillo. O principio, todo semellaba ir ben. Pero despois, tendo o neno aínda uns meses, Marianela comezou a estar cada vez máis triste. Rexeitada por todos e prisioneira daquel pobo, foise xerando nela a idea da morte.

Manuel esforzábase por consolala e facer que fora feliz, pero nunca o conseguiu. Unha noite, Manuel espertou na madrugada e veu que Marianela non estaba ó seu carón. Foi á cociña a buscala, e alí, inesperadamente, Marianela atacouno cun coitelo. Manuel logrou zafarse, e aínda pelexou con ela para quitarlle o coitelo. Pero ela logrou escapar. Foi buscar ó neno ó berce, saíu da casa e botouse ó monte.

Manuel correu tras eles, pero a espesa escuridade impedíalle ver nada. A fraga facíase cada vez máis frondosa e o camiño desaparecía, ata que chegou un momento no que xa non tiña ningures onde ir.

(imaxe: Marcos Cancelas)

Marianela e o fillo apareceron mortos á mañá seguinte. Estaba feridos mortalmente, sen dúbida, por obra de Marianela. O día do soterramento, pola noite, foi a primeira vez que Manuel escoitou os golpes na fiestra “Manuel… Manuel… fai frío aquí,… déixame entrar…” e os choros dun neno acabado de nacer confundíase tamén có vento.

Nunca miraba para a fiestra. Nunca comprobaba si Marianela realmente estaba alí. Pode que aqueles golpes foran obra das polas das árbores, e que as voces non foran máis que o vento asubiando. Pero nunca quixera sabelo. Agás aquela noite.

Pasaran xa tantos anos, facía tanto a menos a beleza de Marianela,… porqué non mirar? Porqué non volver, polo menos un instante, onda a súa amada?

Manuel foi achegándose pouco a pouco á fiestra, “…son eu… déixame entrar…”  -dicía a voz. Manuel, fronte a fiestra, mirou cara fora. E alí estaba, ó lonxe. Un espectro branco, sen mirada, sen expresión. Estaba manchado de sangue e levaba un neno de meses no colo. Íase achegando lentamente á fiestra, flotando no aire. E achegábase máis e máis. E aquel rostro adiviñábase cada vez máis terrible e fantasmal. O corazón de Manuel non o soportou máis, e caeu morto ó pé da fiestra, có rostro expresando aínda todo o terror.

E é que, xa se sabe que, cando un defunto permanece entre nós, é porque quere facer algo que non puido rematar en vida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s