A PROCESIONARIA DO PIÑEIRO

A procesionaria do piñeiro (Thaumetopoea pityocampa) é un insecto pertencente á familia dos lepidópteros. Adoitan amosarse en forma de pragas, chegando a ser das máis perigosas e molestas. É doado imaxinarse o porqué do seu nome, xa que adoitan aparecer amoreadas unhas sobre outras, como se foran en procesión.

Na súa fase adulta, xa convertidas en bolboretas, as femias son máis grandes que os machos. Nesta fase ten lugar a reprodución.

Cando son eirugas aliméntanse dos piñeiros, aínda que tamén se poden alimentar doutras especies arbóreas. En consecuencia, a árbore vaise secando paseniño, o cal dificulta enormemente o seu crecemento. As eirugas teñen unha especie de peliños brancos que producen urticaria e irritación nos ollos. A presenza da procesionaria dos piñeiros é doada de detectar, pois forman unha especie de seda branca nas pólas das árbores.

A súa aparición como pragas segue unha serie de ciclos. Como todos os animais, para a procesionaria son fundamentais as condicións climáticas e alimenticias para o seu desenvolvemento. Cando son eirugas aliméntanse dos piñeiros, exercendo unha acción depredatoria. A abundancia de alimento, fai que a reprodución sexa masiva. Pero ó mesmo tempo, a árbore seca e fica sen alimento que ofrecer, o que causa a morte de enormes poboacións de eirugas. Ata que, có paso do tempo, a árbore recupérase, e a procesionaria volve a aparecer, dando lugar ó inicio dun novo ciclo.

2 respostas a “A PROCESIONARIA DO PIÑEIRO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s