UNHA GHEADA INCÓMODA

Aínda que se considera un fenómeno costeiro, a gheada está presente en moitas zonas do interior de Galicia.

Fai uns días tiñamos coñecemento de que a direción de informativos da TVG lle pideu á xornalista Lorena Pose que deixara de utilizar a gheada, mediante unha nova aparecida no xornal “El Pais”. Lorena Pose, presentadora do progama da TVG “A Revista”, optou polo uso da gheada, ata o punto de despedir ós espectadores cun “ata logho”, algo que, segundo os directivos, podía resultar molesto para a audiencia, polo que a xornalista viuse na obriga de volver á pronuncia estándar.

Este feito pon de novo de relevo a total ausencia do galego que se fala na rúa dentro dos medios que utilizan esa lingua. Se comparamos coa televisión nacional, vemos que nos informativos utilízase un acento neutro, pero en programas de carácter máis desenfadado e moi semellantes a “A Revista”, sí é posible atoparse con acentos como o andaluz ou o canario, sobre todo entre os reporteiros.

O fenómeno fonético da gheada, consistente na substitución do son “gue” por unha “h” aspirada, é moi habitual ó longo de toda a costa galega, aínda que son moitas e extensas as zonas do interior onde se utiliza, chegando incluso ata a provincia de León. Aínda que é  totalmente aceptada e normativa, sempre contou con moitos detractores, chegando a afirmarse que era de orixe castelá e vencellándoa a formas de vida vulgares e incultas.

Quzáis estes prexuízos sexan os que lles levaron a pensar ós directivos da TVG que a gheada podría molestar ó espectador. E iso aínda estando presente, como dicíamos antes, en tantas zonas de Galicia, especialmente nas inmediacións costeiras, que son tamén as zonas máis dinámicas económica e demográficamente.

Se ben a actitude da TVG non lle pode sorprender a ninguén a estas alturas, sí que sorprende a actitude de Lorena Pose. Aínda con a imposibilidade de plasmar a gheada na escrita, imos permitirnos agradecerlle a súa valentía así: ghracias dende Aghuamorta.

Unha resposta a “UNHA GHEADA INCÓMODA

  1. Non é tema pacífico este. Do blog do Carlos Callón:

    “Todos os idiomas precisan que se use o estándar no ensino, na administración e nos espazos formais dos medios de comunicación. O galego tamén ten unha normativa, un modelo unitario de corrección, e eu penso que é bo que se afortale alí onde debe usarse.”

    Aínda que tamén di, e máis importante:

    “Ora ben, o que máis chama a atención de todo este asunto é que na Radio Galega e na TVG se escolla xusto reprender unha presentadora por usar un galego popular, aínda que sexa cun trazo na fronteira do estándar. Non importa que haxa tertulianos semanais que se neguen a usar o galego (ademais, nalgún caso cunha entoación nada acaída para un medio de comunicación); non importan os locutores que se negan a usar o estándar, que mesmo se burlan dos consellos dos lingüistas da compañía e inzan a mantenta o seu discurso de castelanismos; non importa que haxa días en que mesmo os rótulos escritos dos telexornais teñan erros graves; non importa que haxa presentadores que falan galego con cinco vogais… En todo iso é onde temos verdadeiras carencias, verdadeiros e serios problemas para o noso idioma.”

    http://www.carloscallon.com/2012/03/entrevista-en-radio-voz.html#comment-form

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s