Os alavancos reais (Anas platyrhynchos), pertencen á familia dos Anatidae. Trátase dunha especie moi estendida e habita en multitude de zonas: Europa, Asia, Islandia, Grenlandia e en algunhas zonas de Norteamérica.
O macho destaca polas súas intensas cores, o seu pescozo é azulado e verde irisado, mentres que as femias son pardas e de cores máis apagadas. Chegan a medir uns 58 centímetros de estatura, e pesan entre 600 e 1600 gramos. O pico amarelo e as patas laranxas son as características que os fan máis recoñecibles.
Son moi frecuentes en calquera zona húmida, dende lagoas a estanques de parques. Viven en parellas e agochan os seus niños lonxe das zonas húmidas. Poñen de 6 a 16 ovos cada ano. As crías son practicamente independentes dende o primeiro día e con só dous ou tres meses de vida xa están preparados para voar.