O “ULYSSES” DE JOYCE, PERDIDO NA TRADUCIÓN

Cada ano, a Consellería de Cultura concede axudas destinadas a grandes proxectos editoriais. Este ano, as axudas víronse notablemente reducidas (ata case un tercio con respecto a 2010). Entre os proxectos que foron rexeitados nesta ocasión, non pasa desapercibida a presenza da tradución ó galego de “Ulysses”, obra cumio do escritor irlandés James Joyce, máis aínda, tendo en conta as innumerables obras imprescindibles da literatura universal que carecen da súa correspondente versión en galego. A editorial Galaxia, que xa tiña comezado os traballos de tradución, tiña previsto a publicación do “Ulysses” en galego en 2012, aproveitando a finalización dos dereitos de autor. De forma irónica, houbo antes un “Ulysses” en galego que en calquera outra lingua da península, posto que Otero Pedraio traduciu parte da obra en 1926, só catro anos despois da súa publicación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s