Os cirrostratos cerran a serie de nubes altas da clasificación dos tipos de nubes. Preséntanse en forma de manto e semellan la de ovella. Adoitan cubrir todo o ceo.
Son nubes moi finas, polo que tanto a luz da lúa como a do sol, traspasa a nube, deixando o seu reflexo. En ocasións, a luz reflíctese nos cristais de xeo que forman a nube, dando lugar ó que se coñece como “efecto halo”, que ven sendo unha especie de anel luminoso.
Os cirrostratos anuncian choivas dentro das seguintes 12-24 horas.