CRÓNICA DOS CASE DEZ MINUTOS DE “VOLTA” NA AROUSA.

Era un dos acontecementos máis agardados dos últimos tempos, xa que unha competición deportiva de nivel nacional, como a Volta Ciclista a España 2013, non se achega pola nosa pequena Illa tódolos días. Foron case dez minutos, pero a Volta chegou coma un ciclón e deixou tras de si, ducias e ducias de anécdotas.

Pintada aparecida no vial do Xufre. Imaxe: @JesuPinheiro

Pintada aparecida no vial do Xufre. Imaxe: @JesuPinheiro

E é que a Volta deste ano, resultou ser unha proba máis achegada que nunca á nosa a terra: a saída dunha batea, un mexillón como mascota… ata unha das súas azafatas, Míriam, é da Arousa. Xa pola mañá, os operarios afanáronse nos preparativos, especialmente complicados ó longo dos dous quilómetros da ponte, o cal provocou diversas retencións a primeiras horas da mañá.

Durante o transcurso da carreira os presentadores de RTVE, Pedro Delgado e Carlos de Andrés ían dando sinais da dificultade que se aveciñaba a medida que se achegaba a Arousa. Xa preto de alí, en Vilaxoán, o pelotón sufríu unha aparatosa caída, que os propios presentadores atribuiron ós nervios  pola inminente chegada do difícil tramo da ponte, debido ós carrís tan estreitos e ó vento.  Xa na rotonda de entrada da ponte prodúxose unha nova caída cun só ciclista implicado. Por fortuna, non houbo que lamentar máis accidentes a partir de aí.

A pizzería Salva irrumpe na Volta. Imaxe: Manu Arousa.

A pizzería Salva irrumpe na Volta. Imaxe: Manu Arousa.

A sorpresa que se debeu levar a organización cando viu que o pelotón invadía os dous carrís non debeu ser pequena. E e que os carrís tiñan que ser utilizados nos dous sentidos, pola máis que probable posibilidade de que os participantes se cruzaran. Por sorte non se cruzaron, pero segundo o propio Pedro Delgado foi “por moi pouco”.  O ex ciclista incluso chegou a cuestionar a inclusión da Arousa dentro do percorrido da Volta, pero o seu compañeiro, Carlos de Andrés, amosouse en desacordo, defendendo que a Volta debe buscar escenarios o máis fermosos posible, á maneira do Tour de Francia.

Namentres, na Arousa todo era unha festa. A xente, axena a estas pequenas polémicas, saíron á rúa, e gracias á maxia de Facebook e Twitter, puidéronnos contar cómo se viviron eses intensos dez minutos. Incluso os presentadores semellaban abraiados da tal cantidade de xente que se xuntou nas beiras do percorrido.

Un momento da carreira no seu paso pola Arousa. Imaxe: Belén Piñeiro F.

Un momento da carreira no seu paso pola Arousa. Imaxe: Belén Piñeiro F.

Antes, horas antes de que comezara a carreira, aparecía unha pintada nun tramo do novo vial do Xufre na que se podía ler “a ilha is not Spain”, cunhas grandes letras que puideran recoller as cámaras.

Outros, como a Pizzería Salva, aproveitaba para saudar á Volta, e de paso, arrepañar un pouco de publicidade, que ben merecida a teñen todos os negocios da Arousa. Outros en cambio, como o colectivo dos mestres, aproveitaron o evento para facer oir as súas protestas polos recortes na ensinanza.

Protesta en contra dos recortes na ensinanza. Imaxe: Susana Arins.

Protesta en contra dos recortes na ensinanza. Imaxe: Susana Arins.

E así foron os dez minutos que marcaron un luns diferente no que a Arousa foi protagonista dunhas espectaculares imaxes aéreas, aínda que unha vez máis, foi a xente a que se levou gran parte do protagonismo. Por certo, a etapa, que remataba en Lobeira, gañouna o ciclista do equipo Radioshack de (case nada) 41 anos, Chris Horner.

3 respostas a “CRÓNICA DOS CASE DEZ MINUTOS DE “VOLTA” NA AROUSA.

  1. Para todos, pero sobre todo para os amantes do deporte -sen excepcións- foi unha xornada festiva e quizais irrepetible.E mais se tes a fortuna de velos pasar dúas veces, como aconteceu con nós.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s