PONTEVEDRA ENTRÉGASE Ó TRÍATLON

A pasada fin de semana, celebrouse na cidade de Pontevedra o Campionato do Europa de Tríatlon. Foi a culminación duns intensos preparativos que requiriron a paciencia dos cidadáns, que se viron sometidos, entre outras incomodidades, a severas restricións de aparcamentos durante máis dunha semana. Pero o esforzo pagou a pena. Pontevedra foi unha festa durante toda a fin de semana. Competicións de afeccionados, categorías júniors e paratríatlon foron o aperitivo para a competición da elite deste deporte. En edicións anteriores, Pontevedra celebraba o Campionato de Europa no mes de abril, pero a choiva e o mal tempo xeral que sempre acompañaba á competición obrigou a que a data se retrasara cada vez máis, ata chegar a celebrarse a finais de xuño. Desta vez, os atletas tiveron que competir baixo unha pesada calor de orixe sahariana. Todas as miradas estaban postas no bicampión mundial, Javier Gómez Noya, que vive e adestra en Pontevedra. Pero resultou non se-la súa tarde e non puido completar unha gran actuación. Aínda sendo así, pouco se lle pode reprochar ó ferrolán, posto que os seus innumerables éxitos neste deporte foron decisivos para que a do Lérez, sexa unha das cidades que veña celebrando nos últimos anos o Campionato de Europa. Finalmente, na categoría feminina, a medalla de ouro foi para a francesa Emmie Charayron, mentres que na masculina os irmáns británicos Alistair e Jonathan Brownlee fixeron historia, sendo medallas de ouro e prata respectivamente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s