A SENTIDA DESPEDIDA DE “NA ILLA”

“Vémonos noutros mares. Ata logo!”


Con estas frases, o xornal independente “Na Illa“, (neste caso na Illa de Arousa,) cerra hoxe as súas portas, coincidindo có quinto aniversario do seu nacemento. Iso tivo lugar en agosto de 2006, cando Galicia foi asolagada por unha terrible vaga de lumes.

O espírito de denuncia e reflexión acompañou a “Na Illa” durante toda a súa travesía. Abriu debates entre toda a poboación arousá, nos que tiñan cabida multitude de temas e onde podía participar todo o mundo. Incluía tamén diversas seccións fixas, coma o “Dicionario de ausencias” e a “Fraseoloxía carcamana”, que recopia palabras e frases, respectivamente, autóctonas da Arousa, e a “Talasonimia da Arousa”, unha relación dos alcumes da Arousa, que en tantas ocasións nos axudan a saber quén  é quén.

Có paso dos anos, “Na Illa” foi tomando vida propia, tanto, que se lle pode diagnosticar unha “morte por éxito”. Que sirva este artigo como homenaxe á súa administradora, a xornalista arousá Helena Domínguez, por ser capaz de crear un espazo onde xente de tódalas idades e de toda condición política gustaba de participar.

A partir de agora “Na Illa” continuará na rede a modo de consulta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s