A DESINTEGRACIÓN DA URSS, 20 ANOS DESPOIS

O 19 de agosto de 1991, unha xunta de altos cargos políticos e militares levan a cabo un frustrado golpe de estado contra o líder soviético Mijail Gorbachov. En contra dos obxectivos iniciais dos seus promotores, este feito apurará a desintegración definitiva do que ata entón era o país máis grande do mundo. A desaparción da URSS marcará a fin dos bloques socialista e capitalista, así coma o nacemento dunha nova orde económica mundial.

Na década dos 80, Gorbachov levou a cabo unha serie de medidas reformistas e de transparencia política (denominadas perestroika e glásnost), coa intención de dinamizar o arcaico sistema económico estalinista, que aínda tiña vixencia na Unión Soviética. Estas medidas valéronlle ó líder soviético o Premino Nobel da Paz, en 1990, pola súa enorme contribución á apertura do pobo ruso ó mundo e á finalización da “Guerra Fría”.

Pero estas medidas puxeron tamén de relevo as enormes diferenzas entre as democracias populares que integraban a URSS, e que ata aquel entón foran gobernadas con man dura. Multitude de linguas, relixións, territorios e o auxe dos nacionalismos nas urnas, fixéronse vixentes por aquel entón. Pero, paradóxicamente, iso non foi o que acabou coa URSS.

En agosto de 1991, a cúpula do PCUS, opostos a Mijail Gorbachov, efectuaran un golpe de estado que, finalmente, non gozou de moito éxito, debido ó enorme rexeitamento popular. Pero o golpe de estado foi aproveitado para que as repúblicas que aínda non o fixeran, foran proclamando paseniño as súas independencias. A URSS estaba ferida de morte.

Hoxe, botando a ollada atrás, o expresidente Gorbachov, en recentes declaracións para o xornal austríaco “Die Presse”, segue convencido da viabilidade da URSS coma estado, que o que fracasou foi o seu sistema político. Afirma tamén que o partido político que lidera o expresidente ruso Vladimir Putin non é máis que un “PCUS empeorado”. E é que, según Gorbachov “partido que fundemos, sáenos un PCUS”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s