UNHA CRUZ TEMPLARIA NA IGREXA DA ILLA DE AROUSA?

Fai unhas semanas, un amigo de Aguamorta facíanos partícipes da súa sorpresa ó fotografar, case por casualidade, unha cruz que chamou a súa atención. E é que, nada máis vela, lembroulle ás cruces templarias. A cruz atópase na igrexa da Illa de Arousa, debaixo do altar no que está a Virxe do Carme. Reúne as principais características da típica cruz templaria, comezando polo ensanche no seus extremos.

As cruces templarias, en todo caso, foron mudando as súas formas ó longo do tempo, aínda que sempre mantiveron unhas características distintivas. Adoitan aparecer esculpidas nas igrexas templarias, con tamaños variables. En moitos casos, as cruces están pechadas por un círculo. No caso da cruz da igrexa da Arousa, ó estar enmarcada nunha figura octogonal, podemos interpretalo como o intento primitivo de tallar un círculo rudimentario?

A Orde do Temple, xurdida en Xerusalén a primeiros do século XII, estaba formada por cabaleiros que participaban en importantes campañas militares (estiveron estreitamente ligados ás Cruzadas) para defender os Santos Lugares, ó tempo que levaban unha estrita vida monacal.

Tiveron unha presenza moi importante en Galicia, pois por exemplo, protexían ós peregrinos que facían o Camiño de Santiago. Deixaron tamén unha importante pegada dentro do arte e a arquitectura de Galicia, como a igrexa templaria de Santa María de Fisterra. E mesmo a oliveira que aparece no escudo de Vigo (e polo que se lle chama a cidade olívica), foi plantado no seu día polos Templarios.

Por outra parte, os documentos históricos acreditan a existencia dunha igrexa primitiva na Illa de Arousa dende o século X, situada na zona de O Nicho. Esta zona chámase así, precisamente, porque había un cemiterio a carón da igrexa. Existe pois unha máis que evidente coincidencia cronolóxica coa Orde do Temple, abolida en 1312. É posible que algunha vez chegaran ata a Arousa e, tal e como adoitaban facer, deixaran algunha pegada? Pode ser a cruz esa pegada? En 1800 construíuse a actual igrexa, cando o aumento de poboación fixo que se quedara pequena a antiga. Non nos resulta disparatado, desta maneira, que para a construción da nova igrexa se aproveitasen elementos da antiga, sobre todo levando tantos séculos de historia ás súas costas.

O crebacabezas, en todo caso, non é doado. Dende aquí tentamos facer encaixar as pezas coa maior lóxica e o necesario distanciamento, pero nin iso nos garante acadar a verdade. De seguro, cada un de nós terá a súa teoría, e para cada un, esa será a boa. Pero, si teñen algo que aportar, non dubiden en compartilo, dende aquí sempre o agradeceremos.


5 respostas a “UNHA CRUZ TEMPLARIA NA IGREXA DA ILLA DE AROUSA?

  1. Para min o máis sorprendente e misterioso, máis alá da súa orixe, é onde está situada no templo. Se temos en conta que o crego non é un indocumentado e algo de historia da relixión cristiá sabe, porque motivo coloca unha cruz coma esta debaixo da virxe. Virxes negras, María Magdalena… Que alguén lle pregunte a Don Olimpio xa, por favor!

  2. POSIBLEMENTE FORA TALLADA POR UN CANTEIRO QUE A DOOU A IGREXA E NON QUE FORA TRAIDA POLA ORDE DO TEMPLE,OU QUE FORA DOADA POLO OBISPADO DE SANTIAGO,ETC,ETC

  3. lo extraño de este asunto es, pq ahora? q pasa, nadie se dio cuenta hasta este momento? observando la cruz sinceramente tengo mis dudas, basicamente pq las cruces solian ser esculpidas en las propias paredes suelos de la iglesia, y esta esta esculpida en una pieza y adosada al altar. con lo cual pudo ser cualquier cantero q la hizo y se la dono a la iglesia…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s