OS EVENTOS DE 2012

A evolución da economía e a súa repercusión nos nosos fogares, acaparará sen dúbida a maior parte da nosa atención, pode que este ano máis que nunca. Pero o novo e bisesto ano chega tamén cargado de eventos, aniversarios e nomes propios que, de seguro, non van pasar desapercibidos.

O ano 2012 foi declarado polas Nacións Unidas Ano Internacional das Cooperativas, en recoñecemento á súa enorme importancia para o desenvolvemento económico, e Ano Internacional das Enerxías Sustentables para todos.

En abril cumpriranse 75 anos do bombardeo da Lexión Cóndor alemana sobre Gernika, que resultou devastada. Considerado un dos precedentes da Segunda Guerra Mundial, este tráxico suceso foi a inspiración do xenial Picasso para a súa obra cumio.

En novembro celebraranse eleccións nos Estados Unidos, acontecemento mundial ante o que ninguén ficará indiferente, e o naufraxio do Titanic cumprirá un século de historia.

Pero en Galicia, o naufraxio que máis imos lembrar será o da catástrofe do Prestige, que este ano xa chegará ó seu décimo aniversario. Sen dúbida, imos lembrar aquel desencadenamento de toda unha vaga de tristura e silencio colectivos, así como da movilización popular sen precedentes que provocou.

No ámbito internacional, a figura máis destacable será a do escritor inglés Charles Dickens, no bicentenario do seu nacemento.

En Galicia, en cambio, celebraremos os 100 anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. O autor de Celanova, a quen se lle acaban de descubrir dous novos poemas non publicados, será protagonista de múltiples homenaxes, pero sempre có permiso de Valentín Paz Andrade, xa que o avogado, escritor e activista político pontevedrés será homenaxeado este ano no Día das Letras.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s