UNHA HERDANZA XERMÁNICA: OS MONTES EN MAN COMÚN.

Os montes en man común son unha figura de propiedade practicamente exclusiva de Galicia, polo que se trata dunha figura atípica dentro do réxime de propiedade forestal. Teñen a súa orixe no “dereito xermánico”, aínda que non se lle debe chamar así, pois non existe un “dereito xermánico” propiamente dito, senón unhas normas e pautas para os usos levados a cabo polo pobos xermánicos.

Dentro da “man común” a figura principal é a colectividade, así como a igualdade de beneficios, dereitos e deberes dos individuos para con os bens comúns. A cuestión fundamental é o aproveitamento dos bens, en lugar da súa titularidade. Entre todos os membros da comunidade debe existir un vínculo, como o familiar ou a vecindade. A “man común” caracterízase tamén pola ausencia de pago de cotas por parte dos membros, en contraposición có que ocorre con comunidades rexidas polo dereito romano.

E é que o dereito romano, reflexo de dun gran desevolvemento técnico en canto ó servizo a unha sociedade, é no que se basean todos os aspectos da nosa vida cotiá. A actual existencia da “man común” débese a reiteradas resistencias ós intentos de transformación xurídica levadas a cabo durante o Antigo Réxime e o século XIX.

2 respostas a “UNHA HERDANZA XERMÁNICA: OS MONTES EN MAN COMÚN.

  1. Pingback: Una herencia germánica: Los montes en comunales [gal]

  2. A existencia de cotas na comunidade romana ten relevancia fundamentalmente na acción divisoria, a posibilidade de dividir a cousa común. A comunidade romana é a suma de cotas individuais dos copropietarios e tende á súa disolución, non así a xermánica que ten vocación de continuidade, carece de mecanismos de disolución. O dereito romano obtivo un gran desenvolvemento no que se chama dereito privado, non así no público, e efectivamente no século XIX onde o liberalismo acada gran apoxeo obtén acollida dándolle ao dereito de propiedade valor absoluto, abarcaba dende o inferno ata o ceo. Na actualidade o dereito de propiedade non é un dereito absoluto e vese limitado pola función social da mesma, art. 33.2 da CE. A figura dos bens en man común, como dis, é unha institución consuetudinaria, de orixe histórica, que se mantivo nesta zona da península precisamente por non ser coma as demais. Ai, esa unidad de destino en lo universal!. Se mal non lembro outra figura similar son as serventías, diferentes ás servidumes máis propias do dereito romano. A nosa vida cotiá réxese por relacións privadas pero tamén por relacións públicas, máis na Arousa onde a fonte fundamental de riqueza é o mar e a costa, que polo de Agora, Cañete mediante, segue a ser pública, o que contribuíu en gran medida a que non existan grandes desigualdades sociais. En fin, o mundo do dereito está en mans da dereita, así que mellor é que andemos con coidado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s