DIARIOS DE CARREIRÓN

Un sinxelo bloco e un non menos sinxelo bolígrafo, son os elementos dunha iniciativa anónima igualmente sinxela, aínda que ben fermosa. Trátase dun diario colectivo no que están invitados a participar todos aqueles visitantes do recuncho máis máxico e virxe da xeografía da Arousa, Punta Carreirón. O singular diario atópase no mirador de aves que hai fronte a lagoa. As instrucións non podían estar mellor explicadas que no propio diario, polo cal lles mostramos a imaxe. Pero si nos gustaría incidir especialmente no respecto ó diario, tanto no referinte á súa conservación, como cós pensamentos que os visitantes comparten xenerosamente cós demais.

Lembremos que a lagoa de Carreirón é un dos elementos máis importantes polo que a zona é de tan elevado valor biolóxico. No pasado verán a lagoa foi intervida coa finalidade de recuperala, xa que se atopaba nun grave estado de degradación. Nun primeiro momento foille retirada gran cantidade de turba dos seus fondos, para proceder nunha segunda fase á recuperación das marxes. Estímase que a lagoa aínda vai tardar entre dous ou tres anos en acadar a súa total recuperación. Sen dúbida, esta progresiva recuperación será protagonista de moitos dos relatos dos “Diarios de Carreirón”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s