Fai uns días o sector do mar recibía case con incredulidade a nova de que a Eurocámara propoñía retirar a obriga ós fabricantes conserveiros de especificar o país de procedencia dos produtos. Así pois, o organismo que debería loitar pola defensa do sector, pretende dar unha ventaxa impagable ás especies foráneas. Segundo a eurodiputada Carmen Fraga, a cabeza visible desta iniciativa, as características dos produtos que se consumen supoñen unha información “nada relevante”, na súa opinión.
O sector do mar non tardou en mostrar a súa preocupación, algo que está máis que xustificado. Así, a introdución de mexilón chileno e o progresivo aumento da súa importación foi motivo de grandes danos na produción do mexilón galego. Por outra parte, tamén se deron casos como o ocorrido en marzo de 2011, cando o Consello Regulador do Mexilón de Galicia denunciou á conserveira Conservera de Rianxo SA logo de comprobar que en varias das súas latas os mexilóns eran de orixe chilena e non galega, tal e como se lle daba a entender ó consumidor.
Sexa como sexa, as diferencias entre as dúas especies son evidentes a simple vista. O mexilón chileno é dunha cor branca, case transparente, moi lonxe da característica cor encarnada do mexilón galego, que ademáis posúe unha carne máis consistente. Pero a gran diferencia, sen dúbida, está no sabor. O chileno é un mexilón que resulta case insípido, o que o deixa sen competencia ante un mexilón coma o galego, que absorbe todos os sabores do mar, até o punto de que a xente adoita preferir consumilo ó vapor, da maneira máis natural posible. Todas son cuestións estas que pode que axiña teñamos que ter en conta cada vez que abramos unha lata.
Eu alucinei cando lin esa noticia. Parece que é unha solución para non recargar demasiado o etiquetado. Pois xa poden depurar, pero retirar o da procedencia é unha auténtica animalada que só se lle pode ocurrir a que asou a manteiga. País…
como decia a o finado ,señor felisiano,mentres o conselleir@ responsable do mar non sexa eso unha persoa do mar,non temos nada que facer,esto esta avocado o fracaso,por que so se comtemplan os problemas de unha forma partidista,no global ,como deveria ser…
Se a cor fose un problema cambiaríana. O pementón fai o seu traballo. O pp galego ao servizo do lobby anfaco e outros galegos que producen mexillón en Chile. .Sen embargo non lles parece tan ben a conserva asiática de túnidos enchéndoa de aranceis. Penso que se debería ser máis crítico con esta nova.
http://www.soitu.es/soitu/2008/11/24/info/1227547474_157902.html