- Situado na praia da Area da Secada, nun istmo que ben pode lembrar ó do Castro de Baroña, coas mesmas sensacións do pasado habitando alí, o Con de Tres Pés semella mirar continuamente ó mar, aferrado a unha pequena pendente á que desafía, manténdose a través do tempo mediante tres curtos pés que o converte no símbolo vivo da Arousa.
- Un dos elementos máis caracterísiticos do Con de Tres Pés é a intensa cor laranxa que tingue ó Con e ás súas inmediacións. Trátase dun líquen chamado “crustáceo”, e é resultado dunha simbiose entre un fungo e unha alga, un proceso no que os dous se axudan mutuamente para manterse con vida.
- O feito de que o granito sexa unha rocha de gran dureza, fai que gran parte do Con sexa de formas suaves e redondeadas, sendo máis escarpadas e puntiagudas onde a erosión actúa con maior forza.
- Nas inmediacións do Con, atopamos outras formas de erosión igual de impresionantes. Na imaxe vemos un conxunto de pías formadas pola acción da chuvia e o vento.
- O granito é unha das rochas máis duras que existen, máis non por iso deixa de ter as súas debilidades. Formada por cuarzo, feldespato e mica, a porcentaxe de cada un destes minerais determina a súa dureza. As zonas máis débiles son aproveitadas por axentes coma o vento, a choiva e a ondaxe que, mediante fenómenos de abrasión e outros procesos químicos, desgasta a rocha por diversas zonas, dando coma resultado formas tan espectaculares coma O Con de Tres Pés.
- A Illa de Arousa é tamén unha illa de cons. E sen dúbida, un dos máis célebres e queridos polos veciños, é O Con de Tres Pés. Unha formación granítica incapaz de xurdir da man humana, porque só a natureza ten a forza e orixinalidade suficientes para un resultado tan armónico e dinámico.
NON SOLAMENTE E OCONDETRES PES TAMEN ESTA OCON DO COCODRILO OCON DA BANDEIRA OCON DE BIXIA
sinxelo, instructivo e ameno… moi bó
Que cousa espectacular e curiosa… (moi lindas as fotos)
Un fermoso conxunto.