OS VIQUINGOS EN GALICIA.

En agosto do ano 844, unha expedición viquinga que viña de cometer toda unha desfeita no sur de Francia, volvía ás súas terras do norte polo Golfo de Viscaia. Pero un forte temporal fixo que tiveran que seguir bordeando a costa, ata que ante eles apareceu o Farum Brigantium, a actual Torre de Hércules da Coruña. No que semellaba unha pequena aldea, atoparon valentes guerreiros que non deron tregua, e que os obrigaron a continuar a viaxe, con moitos menos homes e barcos, pola costa ata chegar a Portugal. Esta foi a primeira vez que os Vikingos viñeron a Galicia, pero non sería a única.

En 858 Galicia volveu ser o obxectivo da tropas viquingas. Segundo as crónicas da época, desembarcaron na Ría de Arousa e dende alí dirixíronse a Santiago de Compostela, arrasando con todo por todo lugar canto pasaban. En Santiago ata obrigaron ós cidadáns a pagar un tributo, pero axiña foron vencidos polo Conde Pedro.

Case un século tardaron en volver. Foi en 951, e os Viquingos saqueaban as vilas, asasinaban, collían a xente presa,… e os seus ataques foron cada vez máis brutais e feroces. Ese foi o motivo polo que o bispo de entón de Compostela, chamado Sisnando, se afanara na construción de torres e fosos para defender a cidade, facendo chegar ós traballadores á extenuación e chegando el mesmo a un estado total de loucura.

En 966, chegaron ás costas galegas 100 naves ó mando do rey viquingo Gunderedo. As crónicas contan que partiron dun porto chamado “Xunqueiras”, na Ría de Arousa, cara Iria Flavia. Pero o bispo Sisando saiulles ó paso xunto có seu exército, dando lugar a un violento combate no que Sisando cae morto. A partir de aí, as tropas viquingas esténdense por toda Galicia ata chegar ós Montes do Cebreiro.

A partir de entón, as chegadas dos Viquingos a Galicia son cada vez máis esporádicas, aínda que cando se producían eran moi violentas. En diversas ocasión, asaltaron Tui e, doutra vez, as tropas viñeron comandadas por Ulf, un xefe de gran fama ó que chamaban “o galego”, pois os xefes adoitaban recibir o nome das terras que conquistaban.

Anos despois, o posterior bispo de Compostela, Cresconio, para pechar o paso a posibles futuras invasións viquingas, construeu o Castelo do Oeste nun punto estratéxico da Ría de Arousa, preto de Catoira. Hoxe en día consérvanse unhas máis que dignas ruínas, as por todos coñecidas Torres do Oeste.

Unha resposta a “OS VIQUINGOS EN GALICIA.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s