Existiu un xogador de fútbol, quizá dos melloras da historia así como dos máis esquecidos, chamado Arthur Friedenreich. Este xogador brasileiro (aínda que polo nome non o pareza), alcumado “o mulato de ollos verdes” ou “o tigre”, está considerado non oficialmente o maior goleador da historia do fútbol, xa que lle atribúen 1329 goles en 1239 partidos, superando as cifras de Pelé. Oficialmente a Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS) recoñece 354 goles en 323 partidos.
Cunha carreira futbolística que abarca dende 1909 ata 1935, nunca chegou a disputar un mundial, xa que estes que comezaron en 1930, Friedenreich contaba cunha fractura de tibia.
Tamén hai que ter en conta que naquela época o fútbol en Brasil estaba vetado ás persoas de cor, tiñan moitas dificultades para acceder a este deporte, polo que lle dá máis mérito o conseguido por Friedenreich.
Friedenreich é o inventor do tiro con efecto, considerando o tipo de bota para xogar nos comezos do século XX, este tipo de tiro debía ser unha auténtica odisea.
A lenda sobre Friedenreich tamén di que nunca fallou un penalti.
Friedenreich posiblemente sexa o primeiro “crack” do fútbol.