- A Arousa fica en silencio e unha tenue néboa de pólvora avanza lentamente cara o mar.
- Unha visión diferente é a que nos ofrece a nosa Aguamorta, na que árbores e casas aparecen a contra luz dos fogos.
- Os enclaves máis recomendables e preferidos pola xente para observar os fogos son o Chufre, dende se lanzan, e o mirador do Santo, o que adoita escoller a xente nova.
- Semellan iguais un ano tras outro, e ata interrompen a conversa do bar e a verbena. Pero non por iso deixa de ser un acontecemento que case ninguén quere perderse.
- Dalgunha maneira, para os arousáns o verán semella esvaecerse o día que rematan as Festas do Carme. Un final que cada ano ven marcado polos fogos artificiais.
eu tamén son das que se deixan seducir polo artificio das luces no ceo nocturno,
por un momento volvo mirar cos ollos da infancia.
estes das fotos semellan ben lindos dende eses miradores…!
magnífica reportaxe fotografica. parabéns