VICTOR DE AVEYRON, VIVENCIAS DO “NENO SALVAXE”.

Victor de Aveyron non foi o primeiro nin o último “neno salvaxe”. De feito, dos primeiros nenos criados así foron os mesmos Rómulo e Remo, fundadores da capital do Imperio Romano, que sobreviviron nun bosque grazas a seren aleitados por unha loba. Lonxe das lendas, a historia de Victor de Aveyron é o caso máis estudado.

Un momento do filme “L´enfant Sauvage”, de François Truffaut.

Preto do ano 1800, o neno que posteriormente sería chamado Víctor, aparecía preto dun bosque no departamento francés de Aveyron. Fora capturado varias veces, pero sempre conseguira escapar. Ata que o riguroso inverno de 1800 fixo que se fora achegando ás casas na busca de alimento. O neno, que había de ter dez ou doce anos, andaba curvado, gabeaba polas árbores, estaba esaxeradamente suxo e só comía alimentos crus. Non falaba, non se facía entender, nin mostraba ningún timpo de sentimento, polo que axiña se supuxo que debera de ser abandonado polos seus pais sendo aínda moi cativo.

En psicoloxía, chámase “periodo crítico ou sensible”, ó momento no que un ser humano en evolución, é dicir na infancia, ten maior facilidade para aprender habilidades como a linguaxe, movementos e comportamentos. Fora deste periodo, a apredizaxe de tales habilidades será máis difícil ou ata imposible.

O médico Jean Itard, un inquedo novo que por aquel entón só contaba con 26 anos de idade, interviu no caso de Víctor de Aveyron para investigar nesta cuestión. Levou ó neno a vivir á súa casa, onde foi sometido a unha intensa aprendizaxe, para o que Itard utilizaba diversos métodos.

Os primeiros resultados foron alentadores. Víctor chegou a escribir rudamente, a expresar desexos e a mostrar afecto, neste caso, pola gobernanta da casa de Itard, a señora Guérin. Nembargantes, agás pola emisión dalgún que outro son, nunca aprendeu a falar.

A pesar dos progresos iniciais, a apredizaxe do neno foise estancando paseniño, ata chegar a ser imposible en canto acadou a pubertade. As investigacións levadas a cabo con Víctor levaron a Jean Itard a lograr grandes avances na educación especial e de nenos xordomudos e cegos, disciplinas nas que foi todo un pioneiro. Pero por Víctor non puido facer nada máis. Xa non era aquel neno capaz de sobrevivir so no bosque, agora non podía valerse por si mesmo. O neno viveu coa señora Guérin ata a súa morte, cando tiña ó redor de 40 anos.

A historia de Víctor de Aveyron foi levada ó cine polo xenial director francés François Truffaut en 1960, baixo o título de “L´enfant Sauvage” (o pequeno salvaxe).

Unha resposta a “VICTOR DE AVEYRON, VIVENCIAS DO “NENO SALVAXE”.

  1. sorprende que se detivese a aprendizaxe na pubertade… porque os nosos rapaces siguen estudiando moitos anos máis, mesmo de vellos seguimos aprendendo cousas novas…
    e se como din os neurocientíficos o cerebro non é unha folla en branco cando se nace, se non que as capacidades xa están todas aí…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s