A MULLER E A PALABRA. 24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA.

O 17 de maio de 1863, unha flor xurdía de entre a escuridade. Publicábase “Cantares Gallegos”, de Rosalía de Castro (1837-1885), obra en galego sen ningún precedente na lingua escrita durante séculos, os chamados “séculos escuros”. Irónicamente, a obra que ía finalizar aquel silencio na imprenta, veu de parte dunha muller que cantaba en galego, precisamente nunha época na que estaba moi mal vista a presenza da muller na vida intelectual. Pero a consecución deste fito non podería ser posible sen o empeño do home de Rosalía, Manuel Murguía, pois como todos saben, detrás dunha gran muller adoita haber un gran home. Manuel Murguía foi quen levou a cabo todos os preparativos para a publicación de “Cantares Gallegos”, hai quen pensa incluso, que ás costas de Rosalía.

Como se isto fose pouco, a importancia de Rosalía de Castro expándese máis alá, ata chegar a ser unha figura da literatura universal, como representante daquel romanticismo tardío con cursos xa da nova tendencia realista.

O venres 24 de febreiro, aproveitando a conmemoración do seu nacemento, celébrase o “día de Rosalía”, no que terán lugar diversos actos ó longo de toda Galicia. Por iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega, proponse agasallar a un ser querido cun libro en galego e unha flor. Proposta á que nos sumamos dende Aguamorta, pois estamos convencidos de que calquera escusa é boa, e ata insuficiente, para mercar un libro en galego e, sobre todo, para homenaxear a Rosalía.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s